
O Concello de Noia confirmou que este mércores 7 de outubro vai reabrir as súas portas a Piscina Municipal, logo duns prolongados labores de posta a punto e mantemento que se estenderon no tempo máis do previsto ao detectarse que o intercambiador de calor estaba en mal estado e era necesario substituílo, unha actuación impresivta que supuxo un investimento adicional de arredor de 10.000 €.
“Tiñamos previsto recibir a nova peza a tempo para poder abrir o luns 5, pero finalmente non foi posíbel, e por este motivo, a instalación reabrirá o mércores 7 de outubro”, informaron fontes do Concello, quen sinalou que aproveitou este peche técnico para realizar unha importante posta a punto das instalacións, unhas tarefas que incluíron o cambio e a mellora do sistema de filtrado da auga e instalación dun flotador automático, a impermeabilización da piscina para solucionar as filtracións de auga, a reparación da sauna e do baño turco, o cambio da tarima da aula de actividades, traballos de mantemento e mellora nos vestiarios, a reparación do falso teito e a substitución do intercambiador de calor.



