O Concello de Ribeira fará melloras en diferentes puntos de Olveira e na rúa Mariño de Rivera (Santa Uxía)

04 Outubro 2026
O lugar de Cristal, en Olveira

Ribeira dá a benvida ao mes de outubro coa licitación da mellora de servizos básicos en tres puntos da súa xeografía: o saneamento do lugar de Cristal e as pavimentacións no acceso ao aparcamento das Dunas e na rúa Mariño de Rivera. Son unha serie de actuacións que poñen o foco tanto nas parroquias como no centro da cidade e cun investimento total superior aos 120.000 euros; todas elas no marco do POS+2025 da Deputación da Coruña.

En materia de saneamento, no lugar de Cristal, na parroquia de Olveira, ampliarase a rede existente para dar servizo á veciñanza da zona. Para tal fin, instalarase a canalización das augas e implantarase un bombeo para o seu impulso á rede xeral.

A continuación reporase todo o firme en formigón. O orzamento de licitación é de 43.059,73 euros, IVE incluído, e o prazo de execución é de tres meses.

No que respecta a pavimentacións, substituirase o asfalto do camiño de acceso á zona de aparcamento da praia das Dunas debido ao actual deterioro que presenta. En consecuencia, mellorarase a seguridade viaria da zona coa extensión dunha nova capa de aglomerado asfáltico e pintado de sinalización horizontal na vía. O importe de licitación sitúase nos 46.370,64 euros, impostos incluídos, cun prazo de execución de dous meses.

E, xa con relación ao centro urbano, proxéctase a renovación do firme na rúa Mariño de Rivera, cunha capa de formigón en cor para facilitar a comunicación peonil entre a rúa Mendiño e a praza Uxío Novoneyra. O resto da referida vía irá cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente. A contía de licitación ascende a 34.258,26 euros, IVE incluído, e as obras terán duración dun mes.

Nos tres casos, as empresas interesadas dispoñen ata as 23.59 horas do 14 de outubro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.