O ciclo “Desde a Marxe” do PSdG levou a artesanía, o ioga e a xoiería ao auditorio da Pobra

04 Outubro 2026

O ciclo do PSdeG Desde a Marxe aterrou este sábado 3 de outubro no auditorio da Casa da Cultura Pobra do Caramiñal para por en valor o traballo das persoas que promoven, desde o eido local e fóra dos grandes circuítos, a cultura galega. A deputada e secretaria de Cultura e Lingua do partido, Silvia Longueira, conduciu un novo encontro do ciclo “Desde a Marxe”, un proxecto que os socialistas veñen desenvolvendo ao longo do ano por toda Galicia.

Para a ocasión contouse sobre o escenario coa artesá e mariscadora Manola Places, á que acompañaron Ana Dosil e Paula Torrado García. A primeira explicou o traballo que desenvolve no eido da xoiería e o estilsmo, mentres que a segunda achegou ao público o ioga como expresión de vida.

Desde a Marxe desenvólvese cun formato de presentacións breves, inspirado no pechakucha xaponés, ás que segue un debate entre os participantes. O seu percorrido polas diferentes comarcas galegas serve para tecer unha rede entre proxectos que nacen desde o territorio de xeito independente e que non sempre contan coa difusión que merecen.

Segundo o PSdG, “Desde a Marxe aspira a converterse en altofalante para os creadores e creadoras e a abrir espazos de encontro arredor da cultura”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.