O domingo 4 combinará ceos anubrados, risco de chuvascos tormentosos á tarde no interior da comarca compostelán

03 Outubro 2026

Galicia manterase este domingo 4, San Francisco de Asís, baixo a influencia anticiclónica, aínda que a presenza de aire frío nas capas altas da atmosfera continuará a xerar certa inestabilidade no territorio.

Ao longo da xornada agárdanse ceos parcialmente cubertos. Durante a tarde desenvolveranse nubes de evolución que darán lugar a chuvascos no interior, os cales poderán vir acompañados de tormenta de xeito local.

No referente aos termómetros, as temperaturas apenas experimentarán variacións significativas respecto dos días previos.(Máximas de 24 a 28 graos).

O vento soprará de compoñente nordés con intensidade moderada con carácter xeral. As refachos máis intensos rexistraranse no litoral da provincia da Coruña, onde haberá intervalos fortes, mentres que tenderá a perder forza a medida que se avanza cara ao interior da comunidade.

meteogalicia

O noso mar: vento do nordés, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0 a 1 metros á noite.ento do nordés, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0 a 1 metros á noite.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.