Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

02 Outubro 2026

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e Clara Millares, en representación de dita entidade.

O edil destacou o dinamismo do que goza Ribeira a nivel deportivo, sendo esta a segunda carreira dende que comezou o outono e que levará a práctica deportiva ao centro da cidade nun día festivo. Vidal tamén gabou o labor que desenvolve o club organizador con diversas probas como, por exemplo, a Carreira 5K ou a Velada de Boxeo Cidade de Ribeira.

Trátase dun circuíto homologado que transcorre por dita avenida completamente chaira. As categorías participantes abrangue dende soldadiños ata máster 4, tanto masculina como feminina, ademais de zapatilla inclusiva. A distancia a completar variará en función da modalidade. Haberá premios económicos aos tres mellores tempos, tanto masculino coma feminino.

As inscricións formalizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata as 23.59 horas do 8 de outubro. O importe a aboar establécese nos 5 euros dende a sub-16 ata a máster 4, mentres que é de balde para o resto.

Outros artigos

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.