“O principio de algo espurio: coitelos de grandes dimensións e adoquíns nas tendas de acampada de Sol” – Antón Luaces

01 Outubro 2026

Porque o alcalde Almeida de Madrid é de talla baixa puido coarse nas tendas de acampada que, na Porta do Sol da capital de España, instalaron centos de persoas -maioritariamente xoves- que demandan unha solución para o problema habitacional que lle veu enriba a Maricarme, a anciá de 87 anos á que unha empresa inmobiliaria quixo poñer na rúa polo sistema do desafiuzamento dado que non admitiu o pagamento dun alugueiro que lle quedaba lonxe das súas posibilidades económicas como pensionista que é.

Finalmente, a presión cívica exercida por moitos veciños de Madrid concentrados no quilómetro cero da capital española e doutras cidades -entre estas Santiago de Compostela-, a empresa que exercía un dereito que dicía ter a lanzar do piso que habitaba Maricarme, e o Goberno presidido por Pedro Sánchez, dobraron a vontade do caseiro e a anciá ten por seguro o seu retorno ao piso no que residía dende vai 70 anos unha vez recupere a súa saúde no hospital no que permanece ingresada desde o seu lanzamento.

E foi así malia a negativa do alcalde de Madrid e a presidenta desta comunidade autónoma a que ese final se producira, efectivamente. Especialmente o alcalde, Martínez-Almeida, quen asegurou que tiña constancia de que en moitas tendas de acampada os ocupantes de estas fixeran gran acopio de adoquíns e coitelos de cociña de grande tamaño, dando a entender que poderían ser empregados contra as persoas que non  concordaban coas ideas dos que protestaban.

Bulos, simples alpurnadas que, en boa hora, non chegaron a callar. Pero que evidencian do que son quen a facer aqueles que, por un ideario político, chegan  a mentir sen caer ca conta de que, tarde ou cedo, vai saberse ata onde se pode mentir con  medio sorriso posto. 

Outros artigos

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

+

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

+

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.