O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, fixo públicos novos nomeamentos eclesiásticos con data do 29 de setembro de 2026. As designacións concéntranse no arciprestado de Postmarcos e afectan a diversas unidades pastorais e parroquias da zona.
En primeiro lugar, o reverendo Antonio Golmar Suárez foi designado vigairo parroquial da Unidade Pastoral de Noia. Esta demarcación abrangue as parroquias de San Martiño de Noia e o seu unido, Santa Mariña de Obre; Santa María de Argalo; Santa Cristina de Barro; Santa María de Roo; San Pedro de Tállara; San Xusto de Toxosoutos; San Martiño de Lesende e Santa Eulalia de Vilacova.
Así mesmo, incorpóranse como vigairos parroquiais da Unidade Pastoral de Ribeira os sacerdotes Fredy Alberto Medina Jerez e Casmir Chukwudalu Nkamuke, co correspondente permiso dos seus prelados. Esta unidade inclúe as parroquias de Santa Uxía de Ribeira, San Xián de Artes, Santa María de Olveira, Santa María de Corrubedo, San Martiño de Oleiros, Nosa Señora do Carme de Aguiño, San Paio de Carreira e O Bo Pastor de Castiñeiras.
Por último, monseñor Prieto Fernández nomeou ao reverendo Alain Robert Dimai, con licenza do seu prelado, como vigairo parroquial de Santa María a Antiga do Caramiñal, Santa María do Xobre e San Pedro de Palmeira.




