“Radio” – Xulio Xiz

30 Setembro 2026

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa,

Nos meus tempos de TVL téñenme dito que faciamos radio televisada, o cal me producía especial satisfacción. Por iso, cando no HULA me dixeron que ían darme radio, o primeiro que se me ocorreu foi que montaran unha emisora, e querían que fose falar das miñas produtivas incursións naquel especial mundo no que me teñen controlado e encantado.

É outra clase de radio, na que participan a diario moitos lucenses para solventar problemas médicos. Progresou tanto a ciencia médica – progresamos todos – que determinadas palabras deixaron de ter o seu mortífero significado, suavizando o seu sinónimo de traxedia.

Non é que a palabra “cancro” deixara de ter sentido, que segue dando que pensar, pero a ciencia e a detección precoz avanzaron de tal xeito, que xa entran dentro da nosa comprensión e conversación diagnósticos e tratamentos que non hai moito tempo arrepiaban.

Entro na sala de agarda da Radio e hai unha vintena de persoas expectantes; maquinaria e especialistas agárdannos; as máquinas están programadas para emitir na dirección do noso corpo que uns tatuaxes marcan.

Agora sei que hai emisoras de radio que emiten información, entretemento e cultura, para as ánimas que saben escoitar. E outras  benéficas cara o adentro de nós, atacando escuridades, dando vida eliminando elementos outrora mortíferos de necesidade. Sempre a radio, como elemento de vida. Que vivan as radios, para que vivamos nós.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.