Boiro celebra este domingo día 4 unha xornada de convivencia arredor da bicicleta

30 Setembro 2026

O Concello de Boiro celebra este domingo 4 de setembro unha nova edición do Día da Bicicleta, unha xornada que ten como obxectivo a convivencia e diversión arredor deste popular vehículo, saudábel e ecolóxico. O alcalde, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o representante de La Voz de Galicia, Ramón Ares; e a vicepresidenta do Club Ciclista Barbanza, Moncha Moledo; presentaron a actividade.

Segundo explicaron percorrido será como o das edicións pasadas, duns 14 quilómetros e con saída ás 11.00 horas da praza de Galicia. Percorrerá a rúa Principal e rúa peonil para tomar rumbo a Escarabote, onde terá lugar a primeira parada de reagrupamento. Volverá a Boiro para poñer rumbo a Cabo de Cruz percorrendo a avenida de Barraña e o Esteiro ata chegar á Lonxa para facer un segundo reagrupamento.

A ruta seguirá polo Saltiño, Seán e Exipto para tomar regreso a Boiro pola avenida da Constitución ata volver á praza de Galicia. Á chegada terá lugar o sorteo de material deportivo entre todos os inscritos na proba e tamén avituallamento para os participantes.

Explicaron tamén que “non se trata dunha proba deportiva nin competitiva e nela participan nenos e nenas de todas as idades por iso a seguridade é fundamental nun evento como este, no que van participar efectivos da Policía Local, Protección Civil, a Guardia Civil e tamén persoas voluntarias do Club Ciclista Barbanza e Boiromotos que colaborarán durante todo o percorrido”.

O Día da Bici do Concello de Boiro está promovido por La Voz de Galicia e conta co patrocinio de Vegalsa e Jealsa, e conta coa colaboración de Bici Daniel Ríos, Chicolino, Autos R. Outeiral e o Club Ciclista Barbanza.

Para participar é necesario inscribirse previamente no Departamento de Deportes de forma presencial no Edificio das Colonias e praia Xardín ou mediante o enderezo electrónico deportes@boiro.org antes do venres 2 de outubro ás 12.00 horas ou no mesmo día da actividade antes da saída. A actividade está destinada a maiores de 6 anos, posto que non se permite o uso de bicicletas con rodiñas supletorias, e é obrigatorio o uso de casco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.