Cáritas Santiago reforza a súa aposta social co novo Plan Estratéxico

28 Setembro 2026

O Consello de Cáritas Diocesana de Santiago aproba as bases do Plan Estratéxico 2026-2029 e reforza a súa aposta pola inclusión social

A xuntanza, presidida polo arcebispo Francisco José Prieto, marcou como prioridades a vivenda, a saúde mental, o emprego e o combate á soidade non desexada, ademais de impulsar a Fundación CADISAN e anovar cargos directivos.

O Consello de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela deu luz verde ás liñas mestras do seu novo Plan Estratéxico 2026-2029 nunha sesión de traballo centrada en analizar os principais retos sociais e organizativos da entidade e en definir as prioridades que guiarán a súa acción nos vindeiros anos.

A xuntanza estivo presidida polo arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández. O novo documento estratéxico sitúa no centro da acción a cobertura de necesidades básicas, o acceso á vivenda digna, a loita contra a soidade non desexada, o acompañamento en saúde mental, a promoción do emprego, o fortalecemento do voluntariado e a mellora da sustentabilidade e coordinación interna de toda a rede diocesana.

Durante o encontro presentouse tamén o informe económico semestral, que reflicte o importante esforzo orzamentario destinado a atender ás familias e persoas en situación de maior vulnerabilidade, con especial impacto nas axudas básicas e habitacionais. O órgano de goberno salientou a evolución positiva das achegas procedentes de socios e colectas, ao tempo que incidiu na necesidade de continuar reforzando as vías de captación de fondos para blindar a sustentabilidade futura dos proxectos.

Impulso á economía social e novos nomeamentos

Outro dos acordos destacados foi a aprobación das liñas para fortalecer a Fundación CADISAN, concibida como un instrumento clave para impulsar proxectos de inserción laboral, formación, economía social e innovación dirixidos a persoas en risco de exclusión.

No eido organizativo, o Consello serviu para render homenaxe a Íñigo Arranz e Javier García, en gratitude pola súa entrega e dedicación directiva ao longo dos últimos anos ao servizo dos máis desfavorecidos. Así mesmo, tomouse constancia do nomeamento de Antonio Rodríguez González como novo consiliario de Cáritas Interparroquial da Coruña e da incorporación de Manuel Aguilar como vogal de acción social no equipo directivo diocesano.

A directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, trasladou o agradecemento da institución aos directivos saíntes polo seu «compromiso e pegada valiosa», ao tempo que deu a benvida aos novos membros: «Estamos convencidos de que estas incorporacións contribuirán a seguir fortalecendo a nosa misión de servizo e proximidade a quen máis o precisa».

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.