O Concello de Boiro destina 227.325 euros en subvencións directas a clubs para a promoción do deporte

28 Setembro 2026

O Concello de Boiro destina 227.325 euros en subvencións nominativas directas a clubs e entidades deportivas do municipio para a práctica da súa actividade. O alcalde, José Ramón Romero, asinou esta mañá os primeiros convenios.

Preto de 30 clubs e entidades deportivas obteñen unha subvención nominativa que ten como obxecto “sufragar os gastos xerais do club en canto a arbitraxes, material deportivo ou equipamentos, así como a celebración de probas deportivas ou a participación nas mesmas”, informo o rexedor.

Estes convenios permiten ás entidades dispoñer de apoio económico para o desenvolvemento dos distintos programas e actividades deportivas que levan a cabo ao longo do ano.

“Estes convenios son unha mostra mais do compromiso do Concello de Boiro co deporte local, non so aportando en subvencións directas senón tamén nas inversións que se realizan na mellora das instalacións deportivas”, recoñeceu o alcalde, lembrando que o Concello de Boiro aumentou “de xeito significativo no últimos anos a cantidade que destina ás entidades deportivas para o gasto corrente e participación en probas deportivas, así como a organización de eventos deportivos no municipio”.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.