
Unhas 600 persoas pasaron a súa segunda noite no acampamento da madrileña Porta do Sol en protesta pola situación da vivenda. Máis de 300 tendas de campaña para aguantar todo o necesario, con baixada de temperaturas e choivas incluídas. Os manifestantes están dispostos a aguantar as noites que fagan falta nesa especie de corazón que latexa 15 anos dempois na mesma praza e, desta vez, para acadar un real decreto que inclúa aspectos como contratos indefinidos de alugueiro ou a suspensión dos desafiuzamentos sen alternativa habitacional. Unha primeira pedra sobre a que camiñar para chegar a esa meta real que non é outra que pór remate a un negocio que non é desviarse do establecido por Maricarme no seu internamento hospitalario após 70 anos de inquilinato nun piso alugado polos seis pais que agora “explota” unha sociedade inmobiliaria.
Frear a crise da vivenda é o que arela todo aquel que carece dun piso da súa propiedade. E tamén é o obxectivo do Consello de Ministros deste martes que estudará un Real Decreto Lei sobre vivenda que demanda o Sindicato de Inquilinas e Inquilinos de Madrid convocante da manifestación que o pasado sábado saíu da Porta do Sol cos mesmos ideais.
A de Madrid non é unha situación exclusiva. Repítese en toda a xeografía nacional, por máis que doa e sen que se atope solución a un problema de anos que os distintos gobernos non son quen de solucionar.



