José Ramón Bustelo e César Serrano premios de investigación oncolóxica Ramiro Carregal

15 Xuño 2020

A novena edición dos Premios de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal 2020 galardoou aos doutores José Ramón García Bustelo e César Serrano García polo seu labor neste campo. Nun comunicado remitido aos medios, a organización dos premios detallou que o doutor Xosé Bustelo, nacido en Iria Flavia (Padrón, A Coruña) no ano 1962, é actualmente profesor de Investigación do CSIC, vicedirector do Centro de Investigación do Cancro de Salamanca, xefe de grupo do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Cancro ( CIBERONC) e presidente da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro ( ASEICA).

Pola sua banda César Serrano García é oncólogo médico no Hospital Universitario Vall d’ Hebron e xefe do Grupo de Investigación Traslacional en Sarcomas do Vall d’ Hebron Instituto de Oncoloxía ( VHIO). O Grupo Español de Investigación en Sarcomas ( GEIS) propuxo a súa candidatura “pola súa traxectoria e por ser un activo membro investigador en GEIS, moi dedicado e entusiasta e con publicacións relevantes”. Licenciado en Medicina pola Universidade de Salamanca en 2005 e formado como oncólogo médico no Hospital Vall d` Hebron, en 2010 incorporouse á súa Unidade de Sarcomas. Tras 3 anos de postdoctorado en Harvard Medical School e no Dana- Farber Cancer Institute, en 2014 doutorouse en Medicina pola Universidade autónoma de Barcelona e incorporouse aos seus cargos actuais.

Os premiados recollerán o seu premio en Santiago no mes de setembro.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.