Marta Villaverde asistiu ao xantar anual de confraternidade da Confraría de Muros, que reuniu máis dun cento de profesionais en Lousame. O encontro serviu para homenaxear a cinco traballadoras xubiladas de Muros e Noia.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, salientou hoxe o labor, o compromiso e a traxectoria das mariscadoras e mariscadores galegos durante o xantar de confraternidade organizado pola Agrupación de Marisqueo a Pé da Confraría de Pescadores de Muros. O encontro, celebrado no concello de Lousame, congregou ao redor de 115 profesionais nunha xornada destinada a estreitar lazos dentro do sector.
Acompanhada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, a titular de Mar subliñou a relevancia deste colectivo á hora de preservar un oficio estratéxico e vencellado directamente á identidade costeira de Galicia.
A cita serviu tamén como escenario de recoñecemento laboral, coa homenaxe dedicada a cinco profesionais recentemente xubiladas —tres pertencentes a Muros e dúas a Noia— ás que se lles agradeceu a súa dedicación ao longo de décadas nas praias e bancos marisqueiros da zona.




