“Crónicas ribeirenses: Cando comiamos con dous homes bos e Diego Valor e as nais choraban con Ama Rosa” – Antón Luaces

26 Setembro 2026

Eran aqueles tempos nos que non todo o mundo tiña un receptor de radio na casa: principios dos anos 50 do século pasado, cando os rapaces iamos á escola “de pago” ou á pública de luns a sábado (de 9,00 a 13,00 horas e de 15,00  17,00) inclusive, sendo moitos os que acudiamos ás escolas que rexentaban en Ribeira Carlos García Bayón, Manuel Martínez “O Roxo”, Juan Emilio Álvarez de Prado e os irmáns Bernardo e Ramón González Mariño, co Grupo Escolar “Francisco Franco” dotado este de escolas separadas de nenos (abaixo) e nenas (primeiro andar) do edificio sito na rúa que rematou levando o nome do que, daquela, era o alcalde de Ribeira e procurador en Cortes, Miguel Rodríguez Bautista quen, en actos de certa solemnidade, vestía chaqueta branca sobre a camisa azul da Falanxe de José Antonio Primo de Rivera.

Tempos de pizarra e pizarriño/pizarrillo (algúns de manteiga) que había que “afiar” (sistema que obrigaba a pedir permiso para abandonar uns minutos a escola, do mesmo xeito que se facía para “ir á piesa” (con seseo e en máis ou menos castelán) cando as gañas de ouriñar apertaban e non en todas as escolas había retrete, váter ou “piesa” nos que verter augas maiores ou menores.

Os que dispoñiamos de receptor de radio na casa, procurábamos chegar a esta canto antes, sabedores de que, aproximadamente á unha e media do mediodía a SER radiaba o serial futurista “Diego Valor” coas súas naves interplanetarias e viaxes a planetas absolutamente descoñecidos para, a continuación, emitir “o parte” (diario falado de RNE, de obrigada emisión en todas as cadeas radiofónicas do país) que, unha vez rematado, daba paso a outro serial “Dous homes bós” de vaqueiros que, estou convencido, algo tivo que ver co éxito acadado en España pola serie televisiva “Bonanza” que, durante anos, “amenizou” as merendas dos que tiñan televisión en branco e negro e após, a radionovela “Ama Rosa”, lacrimosa ata o paroxismo e paso previo á non menos famosa “La señora Francis” que amañaba e desamañaba todo canto problema matrimonial ou de noivado existía no mundo mundial.

Eran os comentarios de cada día entre as mulleres que acudían decote ao lavadoiro do río do Ameneiro, coa súa persoal interpretación de canto acontecía na radio, especialmente coa radionovela tantas veces exemplo dos aconteceres familiares e de amor entre a protagonista e a interpretación que dela facía cada quen entre bágoas. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.