Galicia representará ante a Unión Europea ás comunidades españolas en materia de pesca no vindeiro semestre

15 Xuño 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta tarde por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Pesca presidida polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e da que tamén formaron parte o resto de conselleiras e conselleiros autonómicos do ramo. Neste encontro Cataluña cedeu a Galicia a representación das comunidades autónomas españolas en materia pesqueira ante a Unión Europea durante o segundo semestre deste ano.

Na Conferencia Sectorial de Pesca de hoxe tamén se aprobaron as paradas temporais do Mediterráneo e Golfo de Cádiz, un asunto que non afecta a Galicia, e abordáronse outras cuestións relativas a outras comunidades autónomas e relacionadas co financiamento dentro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Conselleira do Mar, Rosa Quintana

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...