Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.

Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á nova edición dos obradoiros Girl STEAM do CPETIG. Tamén abordamos os seguintes temas:
- A UDC crea neste curso a Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial
- Investigadoras do CITIC participan no IX Encontro Estatal de APCGénero
- A Deputación da Coruña activa un servizo de protección de datos
- O CNTG presenta a súa nova programación 2026/2027: 147 cursos
- David Lago conseguiu unha medalla de prata na Olimpíada Informática Internacional
- Fernando Suárez (CPEIG) lémbranos a presenza cada vez maior das compañías tecnolóxicas
- Miguel Corgos destacou na Estrada o éxito de Enredando Tour
- Medra case un 57% nun ano o uso da IA nas firmas galegas de dez ou máis traballadores
- Máis de 330 nenos e nenas participaron na nova edición dos novos obradoiros Girl STEAM
- Galicia refórzase como destino para novas empresas e investimentos (IGAPE)
- Nace Xeogalicia, un novo proxecto para descubrir, comprender e protexer a xeoloxía de Galicia
- Youtubeiras celebra con importantes novidades a súa 10ª edición
- A Real Academia Galega presenta o Dicionario castelán-galego en liña
- O Campus de Pontevedra celebra en outubro o III Congreso Internacional de Creatividade
- A experta en Lingüística Computacional Maite Taboada ingresa na RAGC
- Pictoaplicaciones lanza un innovador punto de encontro online para o voluntariado
- Prosegue a edición 2026 da xira Toponimízate da man da RAG e a Secretaría da Lingua
- O MARCO acolle os días 15 e 16 de outubro as VIII Xornadas Videoxogo e Literatura
- Cangas acolle as II Xornadas do Galego no Videoxogo e Uso Saudable



