O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, e a concelleira de Medio Ambiente, Olga González, visitaron esta mañá o Centro Social de Cespón para coñecer as actuacións as actuacións de acondicionamento dun local para uso da comunidade de montes no edificio.
O Centro Social de Cespón foi construído gracias a un convenio entre a Comunidade de Montes de Cespón e o Concello de Boiro mediante o que a Administración local cedeu os terreos e a comunidade fixo fronte aos gastos de execución do proxecto, quedando pendente de rematar en fases posteriores a parte superior do inmóbel.
Na actualidade a Comunidade de Montes non dispoñía dun local habilitado no que poder levar a cabo a súa función social e comunitaria polo que, con esta actuación, se realizou o acondicionamento dun espazo na parte superior da construción para este fin.
Con esta actuación o Concello de Boiro continúa así coa adecuación dos locais sociais e comunitarios do municipio empregados para a realización tanto de actividades municipais como outras promovidas polas entidades locais.




