O Concello de Boiro contará cun parque de psicomotricidade na praza de Galicia

23 Setembro 2026

O Concello de Boiro vén de adxudicar, por un importe de 18.064,09 euros, os traballos para a creación dunha zona de psicomotricidade no parque infantil da praza de Galicia.

A actuación ten como obxectivo concreto “dotar este espazo público dun novo equipamento orientado á actividade física, ao xogo e ao desenvolvemento da psicomotricidade, diversificando e ampliando os usos do parque máis concorrido do termo municipal a distintas idades”, informou o Concello, engadindo que será un espazo que contará con areeiro, paneis lúdicos, mesa de xogo, raiola, pavimento de seguridade e valado perimetral especialmente deseñado “para favorecer que os nenos e nenas de menor desenvolvan actividades físicas, cognitivas e emocionais”.

Con esta actuación o Concello de Boiro continúa a súa aposta pola mellora dos espazos públicos e a incorporación de novos equipamentos destinados ao lecer activo, promovendo espazos para os mais cativos que favorezan o xogo e tamén a actividade física.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.