“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

23 Setembro 2026


A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos.

Na Biblioteca Provincial de Lugo temos dous certames ao ano que empezaron no século pasado, foron celebrándose pola teimosía das sucesivas directoras, e agora teñen en Sabela tan firme defensora, que moitos chuzos teñen que caer para que non se nos siga chamando – Letras Galegas e Nadal – a xurados e bibliotecas para o periódico lecer de elixir de xeito anónimo traballos que apuntan maneiras, de autores con futuro literario, como algunhas xa nos teñen florecido.

Desde hai moitos anos, sempre hai premiados de Antas. E nas entregas de premios, sempre está Teresa.

Fomos amigos de Teresa premio a premio, rapaza a rapaz, con Antas nos primeiros postos da provincia en premiados porque esta provocadora cultural foi facendo xermolar unha nova escola literaria, onde non só se escribe ben, senón que tamén – importante tamén a súa dedicación ao teatro- lese e recítase ben, tan difícil hoxe en día.

A vida de muller-biblioteca ten límites temporais, e chega a xubilación, pero seguro que o espírito de Teresa seguirá vixiante, e non poderá ficar queda e calada. Teresa – sempre en Antas – seguirá iluminando, como un facho sorrinte, calado, inquedo, sempre vivo, esa pequena escola literaria que non deixará de dar froitos.

Se a Cultura tivese santos laicos, eu tiña para canonizar uns cantos – e unhas cantas – e xa que Batán está ao comezo do alfabeto, tería que ser das primeiras.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.