“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

23 Setembro 2026

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma aos migrantes que, nesas datas, invadiron esta. Ceuta, disque, non é para eles, para os que a invadiron. Pero tamén reparte cos “invasores” dereitos que ata o de agora nunca outorgou aos que Vox e PP recoñecen coma ilegais que deben retornar a Marrocos.

Tan inseguros están na ultradereita española dos dereitos de cada quen neste caso, como para dubidar das razóns que atinxen a cada quen?.

É tan só para facer que os demais tampouco o  teñan claro, que non sei se pode ser así?. Porque Pepa Millán dixo máis dunha vez que Vox, o seu partido, é o único que se opón ao reparto de menores migrantes.  E, de feito, unirase ao,PP na II marcha convocada este sábado por Sociedad Civil Española que vai percorrer o centro de Madrid “pola dignidade en defensa de España”. 

Este martes, o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, anunciou a participación do partido nesa segunda marcha , para esixir a convocatoria de eleccións xerais, ao coidar que España “sofre  un goberno perigoso para a democracia e nós sumámonos a esta iniciativa para denuncialo, unha vez máis”.

Desde Vox  entenden que “España necesita unha enorme demostración na rúa de que non estamos dispostos a perder a dignidade”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.