María Sampedro presenta as IV Xornadas “Muller e Saúde”centradas na nutrición e o benestar feminino

22 Setembro 2026

O Concello de Ribeira organiza as IV Xornadas “Muller e Saúde”, que desta volta desenvolverase baixo o epígrafe Nutrición e saúde das mulleres. A iniciativa ten como obxectivo promover hábitos alimentarios beneficiosos para a saúde e achegar información e ferramentas prácticas que contribúan a mellorar a saúde e a calidade de vida das mulleres ao longo das distintas etapas da súa vida. O programa estará formado por catro sesións formativas, cun enfoque
científico e accesíbel, nas que se abordarán cuestións relacionadas coa alimentación saudábel e a prevención de enfermidades, as necesidades nutricionais nas diferentes etapas do ciclo vital das mulleres, a actividade física e os beneficios do exercicio.

Tamén se ofrecerán ferramentas prácticas para mellorar os hábitos alimentarios, comprender as necesidades específicas de cada etapa da vida e incorporar pautas beneficiosas no día a día.

Segundo indicou a rexedora, María Sampedro, as xornadas permitirán igualmente reflexionar sobre a relación coa comida e a prevención dos trastornos da conduta alimentaria, afondando en cuestións como a fame emocional, as falsas crenzas sobre alimentación e a influencia dos medios de comunicación e das
redes sociais. Con esta proposta, o Concello busca “favorecer unha visión integral da saúde das mulleres e proporcionar información veraz e recursos prácticos que contribúan ao seu benestar e ao desenvolvemento de hábitos de vida positivos”.

A alcaldesa, María Sampedro, destacou que “desde o Concello queremos seguir impulsando iniciativas que poñan a saúde e o benestar das mulleres no centro. Estas xornadas son unha oportunidade para achegar información útil, compartir experiencias e fomentar hábitos saudábeis”.

As IV Xornadas “Muller e Saúde” celebraranse os días 9, 16, 23 e 30 de outubro, en horario de 17.00 a 20.00 horas, na Sala de Conferencias do Centro Cultural Lustres Rivas.

As persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través da Escola Galega de Saúde. Para máis información, poden contactar no teléfono 679 306 188 ou no correo electrónico ribeiradinonvx@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.