“Un silencio inxustificado: a independencia de Guinea Ecuatorial” – Antón Luaces

20 Setembro 2026

Noite do venres desta  semana. TVE emite un programa no que, certamente, se ofrecen claves á audiencia sobre sucesos producidos na España de Franco que nunca o NO-DO chegou a publicar malia os ter recollidos en son e imaxes. Como aconteceu co final da antiga colonia que España tiña en África.

Falo de Guinea Ecuatorial, onde moitos españois -algúns deles galegos con descendentes en Ribeira- que tiñan instalado o seu sistema de vida na Guinea e que se viron na obriga de  modificar ao renunciar España a ese país. Ou, dito doutro xeito: ao outorgar España a Guinea Ecuatorial  (outubro de 1968) a independencia.   

Ese día, 7.000 españois -segundo se publicou onte- fuxiron de África e os medios de comunicación non puideron dicir ren porque a acabada de aprobar Lei de Segredos Oficiais  puxo ferrollo informativo a esa historia recente : o réxime de Franco, a  través do Consellio de Ministros, declarou “materia reservada” todo o relacionado con Guinea Ecuatorial. Ningún xornal, emisora de radio ou revista de España podían publicar unha soa palabra sobre o que acontecía na colonia sen arriscarse a multas moi importantes e mesmo ao secuestro da edición.

O obxectivo da orde gobernativa non era outro que “tapar” un auténtico fiasco político e económico vendendo o “traspaso” coma un modelo de fraternidade e éxito diplomático (algo que en certa medida se repetiría, con Franco xa finado, no Sáhara español en 1975 con Marrocos).

A realidade é que, en Guinea, todo virou en cuestión de semanas e a censura franquista decidiu borrar o país do mapa informativo durante case que sete anos: Guinea deixou de existir nas novas para a maioría dos españois. 

Detrás desa pantalla e o silencio total non hai outra cousa ca unha guerra aberta entre dous pesos pesados da ditadura franquista: o ministro de Asuntos Exteriores, Fernando María Castiella -que pretendía deste xeito apoios internacionais na ONU para recuperar Gibraltar- e o almirante galego Luis Carrero Blanco, moi achegado aos grandes empresarios e terratenentes vencellados ás lrantacións de cacao, café e madeiras nobres. 

O candidato de Castiella foi un burócrata local chamado Francisco Macías, que atacou furibundamente aos españois, aos quen acusou de colonialistas e conspiradores. 

Foi tal o desencontro que, en marzo de 1969, máis de 7.000 españois tiveron que fuxir co posto en barcos da Armada e avións militares. Mentres milleiros de familias perdían todo absolutamente e desembarcaban desamparados en Cádiz ou Canarias, a prensa da época non puido publicar nin unha soa liña sobre a situación.

Era un asunto de tipo económico o que o réxime pretendía ocultar para non admitir o fracaso e evitar que a Unión Soviética metera os fociños na zona. O Estado español seguiu enviando remesas millonarias de diñeiro a través do Banco Exterior de España -segundo algún medio- para aboar as nóminas e manter as contas do novo Goberno de Macías.

Informes cnofidenciais españois comezan a falar dun absoluto despropósito: os millóns de pesetas enviados desde Madrid servían directamente para pagar a garda persoal de Macías e armar as milicias que perseguían aos poucos españois que quedaran na Guinea Ecuatorial. Médicos, misioneiros e encargados de fincas padeceron detencións e chantaxes, mentres nos despachos oficiais de Madrid se autorizaban rescates en metálico pagados con fondos reservados  para poder repatriar a compatriotas en segredo.

Os retornados estaban obrigados a gardar silencio absoluto se non querían meterse en liortas xudiciais. Nas Cortes da época estaba vetado formular calquera preguntan sobre o tema. E mentres tanto, o Ministerio de Facenda comezaba a tramitar indemnizacións discretas con diñeiro público para compensar aos grandes facendados afíns ao réxime que viran expropiadas as súas terras e aserradoiros na selva guineana.

O pano de silencio termiou ata outubro de 1976, case un ano após a morte de Franco. Foii cando o Goberno de Adolfo Suárez deixou de considerar todo isto como materia reservada. Daquela o desastre xa era maiúsculo e non resultaba posíbel a marcha atrás. A ditadura de Macías arruinara á súa propia poboación e liquidado calquera lazo de confianza con España. 

En 1979, un sobriño de Obiang deu un golpe de Estado e tomou o mando en Guinea. Abriuse unha nova etapa e, na década dos noventa, cando as prospeccións no mar, descubriuse unha das maiores bolsas de petròleo e gas de toda África Occidental. Coa chegada do cru, as multinacionais estranxeiras tomaron as costas e os vellos negocios do cacao en a madeira pasaron a ser unha anécdota do pasado. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.