O CEIP Plurilingüe Sobrado-Nebra (Porto do Son) e o IES Antonio Fraguas (Santiago) gañan o XIII Premio Concepción Arenal

18 Setembro 2026

O XIII Premio Concepción Arenal para proxectos educativos pola igualdade de xénero, convocado pola área de Igualdade da Deputación da Coruña xa ten gañadores: eNEBRAndo Igualdade, do CEIP Plurilingüe Sobrado-Nebra (Porto do Son), na categoría B, para educación primaria; e Facernos escoitar: Fraguando igualdade e diversidade na escola, do IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela), na categoría C, para secundaria, bacharelato e formación profesional básica e de grao medio.

Quedou deserta a categoría A, para educación infantil, á que non concorreu ningunha proposta, polas catro que se presentaron en cada unha das outras dúas modalidades.

A deputada de Igualdade, Sol Agra, presidiu un xurado que estivo formado por Adrián Manuel Gonçalves Barbosa, Inmaculada Cortón Tesouro e Helga Vázquez Regueira . Actuou como secretaria Eva Ovenza, xefa da sección de Igualdade e Dereitos Civís da Deputación.

Agra deulles aos parabéns aos premios. “Ambos proxectos son un exemplo claro de como a comunidade educativa se pode implicar de xeito activo na construción dende as aulas dunha sociedade máis xusta, igualitaria e diversa”.

“Desde a Deputación da Coruña”, explicou, “seguimos apostando con firmeza por este certame e polo labor do profesorado e do alumnado, que demostran cada día que a educación é a ferramenta máis potente para erradicar as desigualdades desde as etapas máis temperás”.  

Proxectos gañadores

De eNEBRAndo Igualdade, o xurado  destacou “o seu forte vínculo coa contorna rural, cunha participación moi elevada da comunidade educativa e veciñal e cunha boa fundamentación inicial baseada nunha diagnose DAFO”. A proposta integra accións diversas –análise crítica das redes, memoria interxeracional e referentes galegas– “cun enfoque transversal ao longo de todo o curso”. En conxunto, segundo comité avaliador, “trátase dun proxecto completo e de forte impacto comunitario, que traballa a igualdade de xeito transversal en diferentes ámbitos como o musical, a narrativa, a divulgación social e os espazos dixitais”.

Para o xurado, o proxecto Facernos escoitar: Fraguando igualdade e diversidade na escola o xurado destacou “a súa ampla participación e pola forte implicación do profesorado, articulando radio escolar, obradoiros afectivo-sexuais e accións de reflexión arredor da igualdade, a diversidade e a prevención da violencia de xénero, con especial atención á normatividade dos corpos a través de actividades como os obradoiros de gordofobia”. A valoración técnica salienta tamén “a variedade e innovación dos formatos empregados –podcasts, arte urbana, ferramentas TIC– e a consolidación dunha traxectoria transversal no centro”. “En conxunto”, conclúe, “é unha proposta dinámica e de gran alcance pola súa intensidade e compromiso comunitario”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.