O Goberno pon a disposición da cidadanía de Ribeira e Boiro unha trintena de vivendas de alugueiro alcanzábel

15 Setembro 2026

Casa 47, entidade estatal do Goberno de España, comunicou a apertura da convocatoria para acceder a 96 vivendas en réxime de alugueiro alcanzábel en Galicia e que están situadas en diferentes municipios da provincia da Coruña e en Lugo. Na listaxe de concellos figuran Boiro, con 9 vivendas, e Ribeira, con 22. As vivendas dispoñíbeis contan cunha superficie que vai dos 30 metros cadrados aos 162 metros cadrados e o prezo entre os 350 euros e os 705 euros ao mes, sendo a renda media de 6,24 euros por metro cadrado.

As inscricións realízanse a través de portal.casa47.es ata o 21 setembro. As persoas interesadas teñen á súa disposición unha ficha individual de cada vivenda con fotografías e localización, o prezo mensual de alugueiro e a renda anual da unidade de convivencia (amigos, familia, parella…) que pode acceder á mesma, así como un formulario de solicitude que se poderá cumprimentar en liña.

O Goberno sinala que o contrato poderá durar ata 75 anos, contando cun alugueiro inicial de 14 anos, con prórrogas automáticas de 7 anos a condición de que se manteñan a maior parte das condicións.

Para acceder a estas vivendas as unidades de convivencia non poden posuír unha vivenda en propiedade e deben ter uns ingresos netos conxuntos entre 16.800 e 63.000 euros (é dicir, entre 2 e 7,5 veces o IPREM). As rendas mensuais das vivendas establécense con base no tope fixado pola Comunidade Autónoma e nunca superará o 30% da renda media do municipio.

As vivendas serán asignadas por sorteo ante notario, garantindo a máxima transparencia e igualdade entre todas as persoas solicitantes que cumpran os requisitos.

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos, asignarase a vivenda de forma provisional e as persoas beneficiarias poderán visitala. Se a vivenda se adapta ás necesidades da unidade de convivencia, asinarase o contrato de alugueiro, procedendo á entrega de chaves.

A solicitude pódea realizar calquera persoa con nacionalidade española ou residencia legal en España e sen límite de idade.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.