A escritora boirense Charo Lopes gaña o vixésimo terceiro premio González Garcés de Poesía coa obra “O diálogo das siamesas”

14 Setembro 2026

A poeta nada en Boiro Charo Lopes acadou o vixésimo terceiro premio González Garcés de Poesía que convoca a Deputación da Coruña polo seu traballo “O diálogo das siamesas” presentado baixo o pseudónimo de María Dolores Oliveira

O xurado presidido pola deputada provincial de Cultura Natividade González e integrado por recoñecidas figuras da literatura galega elixiu esta peza entre as setenta e dúas propostas presentadas a esta edición

A resolución valorou a creación dunha voz poética con retranca e humor negro que afonda na dualidade así como a capacidade da autora para transcender a vivencia individual e conectar co ámbito colectivo a través dunha estrutura formal sólida

Lopes conta cunha ampla traxectoria no xornalismo e na fotografía artística ademais de ter acadado outros galardóns literarios como o Fiz Vergara Vilariño ou o Cidade de Ourense antes deste novo recoñecemento provincial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.