“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

12 Setembro 2026

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os seus descendentes en primeiro grao optar á nacionalidade.

Deste xeito a Cámara Baixa encamiña a devolución  da nacionalidade española aos saharauís nados cando ese territorio ficaba baixo a administración española e aos seus descendentes directos, que poderán solicitalo nun prazo de cinco anos.

A abstención do PP e Junts amais de Javier Ortega Smith, e o voto en contra de Vox, facilitou o resultado a favor da proposta, con tódolos demais grupos a favor. Agora continuará o seu trámite parlamentario no Senado onde, ao parecer, o PP podería presentar emendas. Após os trocos que, previsiblemente, se produzan, o proxecto será votado novamente na Cámara Baixa. 

O texto establece que concorren “circunstancias excepcionais” para conceder a nacionalidade por carta de natureza aos saharauís nados no Sáhara Occidental antes do 29 de setembro de 1977, aínda que non residan legalmente en España. 

Para que se cumpra esta disposición, poderán utilizar, entre outros, un DNI español, aínda que estea caducado, o recibo de inscrición no censo para o referendo do Sáhara Occidental autenticado por Nacións Unidas, certificados de nacemento ou documentación expedida pola administración española.   

Os descendentes en primeiro grao de quen obteñan a nacionalidade disporán de cinco anos para optar tamén a ela. A norma modifica, amais, o Código Civil para permitir aos saharauís o acceso á nacionalidade após dous anos de residencia legal en España. 

O artigo 22 do Código Civil que contempla esta posibilidade, equipara aos saharauís cos nados en países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial e Portugal, aos que se permite adquirir a nacionalidade con só dous anos de estadía, no canto dos dez do resto de estranxeiros. 

As solicitudes por carta de natureza serán de balde e poderán presentarse durante os tres anos posteriores á entrada en vigor da lei, ampliábeis un ano máis. A norma entrará en vigor após catro meses da súa publicación no BOE. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.