Unha muller resulta ferida en Lousame tras ser arrastrada polo seu coche e caer por un desnivel de tres metros

11 Setembro 2026

Unha muller resultou ferida este venres ao pé da Escola Infantil de Tállara, no termo municipal de Lousame, tras ser arrastrada polo seu propio turismo e precipitarse por un desnivel duns tres metros de altura. O accidente tivo lugar arredor das 13:00 horas, cando a condutora se dispuxo a recoller un alumno do centro.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, a muller descendeu do vehículo sen ter accionado previamente o freo de man. Ao decatarse de que o turismo empezaba a moverse, tentou poñer o freo, momento no que foi desprazada e arrastrada polo automóbil ata caer polo terraplén.

Alertados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112), ata o lugar desprazáronse con urxencia os equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender a vítima, que presentaba lesións e posibles fracturas pendentes de confirmación médica.

No dispositivo participaron tamén os membros do GES de Noia, aínda que a ferida se atopaba nunha zona totalmente accesible e non foi preciso realizar labores de excarceración nin de rescate complexo. Así mesmo, mobilizouse a Garda Civil de Tráfico para regular a contorna e levantar o ateigado sobre as circunstancias do sinistro.

Consorcio Provilcial. Bombeiros Boiro

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.