O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

11 Setembro 2026

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal.

As actividades darán comezo o 28 de setembro.

Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada de 6 a 12 anos (a elixir o luns, o martes ou o mércores) e para as crianzas de 3 a 5 (a elixir o xoves ou venres).

A Ludoteca Municipal estará operativa en horario de tarde, de 16.30 a 19.30 horas.

O prazo de inscricións permanecerá aberto ata completar prazos. Os datos persoais deberán achegar no rexistro municipal ou a través da sede electrónica municipal de Porto do Son. As prazas serán outorgadas por orde de inscrición. O venres 26 de setembro publicarase a primeira relación de admitidos podendo consultarse na propia Ludoteca.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.