619 rosas brancas honran ás vítimas do coronavirus en Galicia nun acto con representación das principais forzas políticas

13 Xuño 2020

Presidido polo xefe do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, a homenaxe abriuse cos himnos de España e Galicia, que deron paso ao descubrimento dunha placa en recordo das vidas por parte dun grupo de familiares.

No pequeno escenario, no que cobraron especial protagonismo as 619 rosas brancas, a cantante Luz Casal e o gaiteiro Carlos Núñez interpretaron en ‘Negra Sombra’, poñendo música ao poema de Rosalía de Castro.

619 rosas brancas honran ás vítimas do coronavirus en Galicia. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asiste aos actos en recordo das vítimas da covid-19 celebrados no Patio de Cristal do Hotel Monumento San Francisco 13/06/20.

A este sinxelo acto acudiron representantes da vida civil e política de Galicia, entre eles o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices; o delegado do Goberno, Javier Losada; e alcaldes de cidades como Xosé Sánchez Bugallo (Santiago), Lara Méndez (Lugo), Ángel Mato (Ferrol) e Miguel Anxo Fernández Lores (Pontevedra); ademais do presidente galego e varios membros do seu Executivo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asiste aos actos en recordo das vítimas da covid-19 celebrados no Patio de Cristal do Hotel Monumento San Francisco e na igrexa de San Francisco. Santiago de Compostela, 13/06/20.

Acudiron, acompañados de membros das súas formacións, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; o portavoz da coalición Galicia en Común- Anova Mareas, Antón Gómez-Reino; o candidato á Xunta de Marea Galeguista, Pancho Casal; e a portavoz de Cidadáns Galicia, Beatriz Piñeiro.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asiste aos actos en recordo das vítimas da covid-19 celebrados no Patio de Cristal do Hotel Monumento San Francisco Santiago de Compostela, 13/06/20.

Tras este acto institucional organizado pola Xunta, as autoridades dirixíronse á Igrexa de San Francisco, onde o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, oficiou o funeral en memoria das 619 vidas que se cobrou a pandemia na Comunidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asiste aos actos en recordo das vítimas da covid-19 celebrados na igrexa de San Francisco. Santiago de Compostela, 13/06/20.

O arcebispo Monseñor, Julián Barrio, animou a manter a esperanza para enfrontar, ata a súa derrota, a enfermidade que se converteu nunha pandemia de alcance mundial que “nos impactou e descubriunos”, á vez, “signos dunha humanidade que nos encheron de gratitude e de asombro”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.