O Son remata con xogos, música e fogos artificiais as Festas do Carme

11 Setembro 2026

Este venres 11 de setembro rematan cunha gran traca final as Festas do Carme do Porto do Son.

O derradeiro día de festexos comeza coas dianas e alboradas do grupo de gaitas CanleBó de Camboño

Ás 12:00 horas celébrase unha misa solemne na Igrexa Parroquial e posteriormente sairá a procesión acompañada pola Banda de Música Caamaño.

Dende as 17:00h o xardín portuario converterase nunha gran festa infantil, con inchábeis e xogos para a rapazada.

A Asociación BarbanTEA, en colaboración co Concello do Porto do Son, organiza un servizo de préstamo de cascos de cancelación de ruído. A actividade, que ofrecerá de xeito gratuíto este servizo, está pensada para persoas que necesiten reducir o impacto sonoro das celebracións e poder desfrutar delas con maior comodidade. Os cascos poderán recollerse desde as 21:00 ata as 1:00 horas, na avenida de Galicia 18. A devolución realizarase no 1ª andar da pPaza de Abastos

Pola noite, gran verbena coa Orquesta Marbella na praza de España e a París de Noia máis a Discomóbil na zona portuaria.

Á medianoite, estelar sesión de Fogos de Artificio

Ao seu remate, celebrarase unha ruada musical e unha festa da auga coa traca final acompañada pola Charanga Os Celta.

Venres, 11 de setembro – Na honra da Caridade

9:00 h: Dianas e alboradas co grupo de gaitas CanleBó

12:00 h: Misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañados pola Banda de Música de Caamaño.

17:00 h: Inchábeis da man de Tikolandia e xogos para a rapazada no xardín portuario.

23:00 h: Verbena coas orquestras Marbella na praza España e París de Noia e Discomóbil na explanada portuaria.

00:00 h: Gran sesión de fotos de artificio e, a continuación, ruada e festa da auga con traca final acompañada pola Charanga Os Celtas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.