Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

10 Setembro 2026

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado.

Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas e brumas en boa parte do territorio galego. Con todo, esta cobertura nubosa irá disipándose co paso das horas ata deixar ceos practicamente despexados ou con amplos claros en xeral. Cara á tarde medrarán algunhas nubes de evolución nas áreas de montaña e zonas altas do interior, aínda que sen consecuencias nin risco de choivas.

No tocante aos termómetros, rexistrarase un ascenso xeneralizado entre lixeiro e moderado, sendo esta subida máis evidente nos valores mínimos, o que deixará un amencer menos fresco(máximas de 26 a 29 graos). Os ventos soprarán de compoñente nordés, en xeral frouxos no interior e moderados na franxa costeira.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte, forza 3 a 4 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.