XESTUR di que a finais de ano poderían estar licitadas as obras de construción do novo polígono de Ribeira

10 Setembro 2026

O xerente da sociedade Xestión de Solo de Galicia – XESTUR, Diego Toja, afirmou hoxe que a Xunta está “a acelerar os traballos para que a finais de ano poidan estar licitadas as obras de construción do novo polígono de Ribeira (A Coruña) que permitirá atender a demanda de solo industrial existente neste municipio coruñés”, sinalou,

Acompañado pola alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, o xerente de XESTUR supervisou o inicio dos traballos para elaborar o proxecto de urbanización e que inclúen a realización dos estudos xeolóxico e xeotécnico. Estes traballos, sinalou, “son necesarios para avanzar no proxecto, xa en fase de licitación, e que está previsto que se adxudique nas vindeiras semanas”.

Con esta actuación, o Goberno galego quere impulsar definitivamente o proxecto, logo de que o pasado mes de xullo a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Ribeira asinaran un protocolo de colaboración para actualizar o proxecto de construción do polígono, que finalmente terá unha superficie de 260.000 m2. .

De acordo con este documento, agora o que se vai facer é actualizar, entre outros aspectos, as medicións, as solucións construtivas e as redes de servizo, actuacións que van ser contratadas e financiadas por Xestur e que permitirán avanzar no proxecto de urbanización.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.