A alcaldesa de Ribeira comprométese coas ANPAs a manter o Servizo de Madruga desde o luns 14 de setembro

10 Setembro 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Educación, Nucha Brión, reuníronse hoxe cos representantes das ANPAs do municipio para escoitar as demandas da comunidade educativa. A rexedora comprometeuse á gratuidade do Servizo de Madruga, o cal entrará en funcionamento no 14 de setembro, nas condicións establecidas.

“Este encontro serviu para aclarar a situación e evitar o malentendido que se ocasionou”, dixo, engadindo que “este Goberno municipal ten un forte compromiso coa conciliación e sempre o amosamos coas familias desde as distintas políticas municipais”, en palabras da mandataria local.

Sampedro valorou moi positivamente esta xuntanza que cualificou de “frutífera”, ademais de “mandar unha mensaxe de tranquilidade ás ANPAs con feitos. Deste xeito, tamén se establece unha canle de comunicación directa con Alcaldía e co Concello no seu conxunto, máis alá dos consellos escolares”, sinalou.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.