Rianxo acolle este mes unha nova edición do curso de prevención de riscos laborais no eido forestal

09 Setembro 2026

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e o Concello de Rianxo organizan unha nova edición do curso de formación presencial dirixido ás persoas traballadoras e profesionais do sector forestal, co obxectivo de proporcionar formación específica sobre os riscos asociados a estas actividades e as medidas preventivas necesarias para traballar con seguridade.

Desenvolverase os días 28, 19 e 30 de setembro e terá 15 horas de duración. O prazo de inscrición estará aberto até o 18 de setembro.

A formación abordará os principais riscos laborais asociados ao manexo da motoserra e da rozadoira, así como as medidas preventivas para reducir a exposición a estes riscos e contribuír á diminución da sinistralidade laboral no sector forestal.

A asistencia é gratuíta e, ao finalizar o curso, o alumnado recibirá un certificado de asistencia expedido polo ISSGA.

A información e inscrición no Servizo de Medio Ambiente do Concello de Rianxo (Aula Activa do Mar) está dispoñíbel en liña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.