Os empresarios de Ribeira repartirán importantes premios na campaña “Volta ao Cole”

08 Setembro 2026

A Asociación de Empresarios de Ribeira puxo en marcha a campaña Volta ao Cole, que se desenvolverá do 9 ao 18 de setembro, co obxectivo de dinamizar o comercio local e premiar as compras nos establecementos asociados.

A iniciativa contará cunha ruleta de premios presencial o venres 18 de setembro, na praza do Concello, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 h. Por cada tícket de compra ou consumición, poderase realizar unha tirada e optar a diferentes agasallos e vales de compra ata fin de existencias.

Tamén se sortearán 100 euros en vales de compra, repartidos en dous premios de 50 euros. Para participar será necesario rexistrar o tícket a través do código QR da campaña ou da web da asociación www.empresariosriveira.com.

Ademais, a AER colaborará coa campaña Com-Pensa da Xunta, repartindo bolsas de tea na praza do Concello o día 18 por cada tícket de compra, ata esgotar existencias.

Esta campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia Comercio Galego.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.