Martes 8, choivas e unha notable caída das temperaturas máximas

07 Setembro 2026

A retirada do anticiclón abrirá a porta a precipitacións que avanzarán de oeste a leste, xunto a ventos que rolarán a norte pola tarde.

As altas presións retíranse cara ao oeste durante este martes, facilitando a entrada dunha fronte polo noroeste galego ao longo da mañá. A xornada virá marcada por unha alternancia de nubes e claros, con ceos máis cubertos na franxa oeste e norte. Conforme avance o día, as choivas tenderán a xeneralizarse de oeste a leste de xeito progresivo, acadando maior intensidade na costa noroeste.

O factor máis salientable será o térmico: mentres que as mínimas apenas experimentarán cambios significativos, as temperaturas máximas sufrirán un notable descenso en todo o territorio (Máximas 20 graos). O vento soprará de compoñente suroeste con forza moderada no litoral durante a primeira metade do día, para despois rolar a compoñente norte cara á tarde tras o paso da fronte.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 1 a 1.5 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.