A exposición itinerante sobre o fotógrafo José Suárez recala en Ribeira

07 Setembro 2026

A praza do Centenario de Ribeira acolle do 10 ao 29 de setembro a exposición itinerante José Suárez, vida e obra que promove a Real Academia Galega de Belas Artes dentro dos actos con motivo do Día das Artes Galegas, dedicado neste ano ao fotógrafo galego José Suárez.

Trátase dunha mostra que chega coa colaboración do Concello de Ribeira e que está composta por un total de 16 paneis, organizados en 4 estruturas, con fotografías, textos e un coidado deseño que reflicte a obra do artista, destacando a súa creatividade.

A inauguración terá lugar no xoves, 10 de setembro, ás 12.30 horas, na dita praza do Centenario, onde o público se poderá aproximar máis a este fotógrafo a través dos textos de Luis Seoane, Blanco Amor, Manuel Sendón, Xosé Luis Suárez Canal, Domingo García Sabell, Miguel de Unamuno, José Bergamín, Juan Manuel Bonet, Rafael Alberti, Publio López Mondéjar, Carlos Casares ou Lois Tobío.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.