Volve o Concurso de Pintura ao Aire Libre de Noia

06 Setembro 2026

O vindeiro sábado 12 de setembro, Noia volverá converterse nun gran lenzo ao aire libre coa celebración do XVIII Concurso de Pintura ao Aire Libre “Juan José Fernández Leiceaga, Sesé”, organizado polo Concello, que informou que🖌️ ao abeiro deste certame “artistas de todas as idades poderán participar nunha xornada dedicada á creación, coa temática Paisaxes inventadas ou invisibles, deixando voar a imaxinación e ofrecendo unha visión persoal e creativa do noso entorno”.

O certame contará con diferentes categorías e numerosos premios, cun primeiro premio de 2.000 euros, ademais do Premio Juan José Fernández Leiceaga e dos galardóns patrocinados polas entidades colaboradoras.

As obras realizaranse ao longo da xornada e a recepción terá lugar no Claustro da Casa do Concello, onde posteriormente se realizará a exposición e a entrega de premios.

Haberá tamén categorías infantil e xuvenil, para que os máis novos poidan formar parte desta cita coa pintura que chega xa á súa XVIII edición.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.