O MUGART entrega o vindeiro sábado os galardóns correspondentes ao XVII Premio Atlante de Gravado

06 Setembro 2026

O Museo do Gravado de Artes (o MUGART, con sede en Artes, Ribeira), vai organizar a vindeira fin de semana a entrega de galardóns e a inauguración da exposición correspondente ao XVII Premio Atlante de Gravado, que convoca o dito museo. A cita será o vindeiro sábado 19 de setembro ás 13.00 horas na sala 0 do MUGART. Esta exposición poderá visitarse do 19 de setembro ao 12 de novembro de 2026.

O MUGART (Museo do Gravado de Artes) compartiu en xullo o fallo do xurado do XVII Premio Atlante de Gravado.

Participaron 139 artistas con 203 obras e de 13 países: Macedonia do Norte, Turquía, Tailandia, Italia, Chile, Ucraína, Perú, Polonia, Arxentina, México, España…

A contía en metálico da presente edición do certame foi de 17.000 euros.

O xurado estivo formado por Alfonso Costa Beiro, Soledad Penalta, Carmen Hermo Sánchez, Isabel Pintado Palacio, Juan Monterroso Montero, José Manuel López Vázquez e José Daniel Buján Núñez, acordaron por unanimidade conceder os seguintes premios:

(1) Premio Atlante: D. Ramiro Carregal Rey (5.000 €)

RIAUDO, Fabio

País: Italia (Torino)

Título obra: Incontro VI

Técnica: Augaforte en zinc, buril sobre cobre

(2) Premio Atlante: Pilar Seoane Sánchez (2.500 €)

TROJANOSKA, Anna

País: Polonia

Título obra: Sleep Spindles-03

Técnica: Litografía

(3) Premio Atlante: Concello de Ribeira (2.500 €)

LUCHETTI, Marina

País: España (Madrid)

Título obra: Uhna decisión

Técnica: Augaforte

4) Premio Atlante: Concello de Ribeira (2.500 €)

VENTUROLI, Vittorio

País: Italia (Florencia)

Título obra: Sisters cry in silence

Técnica: Mezzotinta en prancha de cobre, monotipo e punta seca en plexiglass

5) Premio Atlante: Congalsa (2.500 €)

GARCÍA PASTOR, María

País: España (Madrid)

Título obra: Persistencia I, Estudo de Encina

Técnica: Fotopolímero

6) Premio Atlante: Premio Galicia. Pedras de Santiago (2.500 €)

LAREO FERNÁNDEZ, Manuel

País: España (Pontevedra)

Título obra: Sen título

Técnica: Impresión dixital

7) Premio Atlante: Manuel Ayaso. Menores 25 años (2.000 €)

SITTHICHAI, Kawintra

País: Tailandia

Título obra: No one noticed

Técnica: Serigrafía

Finalistas – Mencións de Honra

-GÓMEZ MARTORELL, Teresa

País: España (Barcelona)

Título obra: Histoire de la Soie

Técnica: Maneira negra

-PETCA, Oviu

País: Romanía

Título obra: Metaphysics XXXII

Técnia: Impresión dixital

-LORENZO QUINTELA, Claudio

País: México

Título obra: Sen título

Técnica: Alcogravado e xilografía

-BARANDA FERRERO, Valle

País: España (Asturias)

Título obra: Habitante I

Técnica: Litografía en poliéster e fotopolímero sobre friselina de algodón

-MARTÍNEZ MEDINA, José María

País: España (Cádiz)

Título obra: Pinar de la Breña

Técnica: Fotogravado

Finalista – Mención de Honra Premio Galicia

-CARBALLA VILLANUEVA, Fernando

País: España (Pontevedra)

Título obra: Comienzo

Técnica: Impresión dixital

Finalistas – Mención de Honra Premio Manuel Ayaso – Menores de 25 años

PEZZO, Sofía

País: Italia (Torino)

Título obra: Ciò che vedo

Técnica: Augatinta, gravado láser

Seleccionados

Foron seleccionados un total de 35 gravados que se expoñerán na sala 0 do MUGART conxuntamente cos premiados e os finalistas.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.