As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

04 Setembro 2026

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos.

O venres 11 dará comezo a programación co pregón, previsto para as 21.30 horas. Ás 22.30 horas actuará Ajencia Tributaria e, de seguido, a música continuará coa Disketoka Móbil e DJ Jalaiko.

Para o sábado 12 está prevista unha ampla oferta de actividades. Entre as 12.00 e as 15.00 horas celebrarase unha sesión vermú amenizada polo dúo Keima. Desde as 17.00 horas, os nenos e nenas poderán participar en xogos populares con agasallos, ademais de gozar dun obradoiro de pintacaras e inchables con monitor. Ás 18.00 horas terá lugar unha demostración de Kenpo Kárate O Norte e, ás 19.00 horas, servirase unha mexilloada e empanada de balde. A partir das 21.00 horas, DJ Tatami porá música á noite cunha sesión para todos os públicos.

O domingo 13 estará marcado polos actos tradicionais. Os grupos de gaitas As Jaitas Blue e Xiada protagonizarán unha ruada ás 10.00 horas. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne na honra do Santísimo de Santa Cruz de Lesón, seguida da procesión.

Durante o luns 14 e o martes 15 continuarán os actos relixiosos. O luns celebrarase a misa solemne na honra de San Roque e a posterior procesión, acompañada polo grupo de gaitas Xiada. O martes será a quenda da misa na honra de San Xosé e da procesión, tamén co acompañamento de Xiada.

Desde o Concello da Pobra do Caramiñal recoñecen e agradecen o” traballo desenvolvido pola comisión de festas para facer posíbel esta nova edición e desexar que as celebracións se desenvolvan do mellor xeito posible”. O Goberno local salienta “unha programación pensada para diferentes idades e a forza que están a adquirir estas festas parroquiais, así como a vontade municipal de seguir colaborando na súa celebración e contribuír á conservación e continuidade das tradicións locais”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.