Rianxo conmemora este sábado cun acto público a ansiada reposición da Virxe da Guadalupe de Asorey en Tanxil

04 Setembro 2026

A veciñanza de Rianxo poderá celebrar este sábado 5 de setembro o regreso da Moreniña a Tanxil.

Ás 11:00 horas terá lugar o acto público de reposición da Virxe de Guadalupe de Francisco de Asorey.

En palabras do alcalde, Julián Bustelo, “Rianxo recupera así moito máis que unha obra de arte, recupera parte do seu pasado e da súa esencia e iso merece ser celebrado”.

Como lembraremos nos últimos tempos a peza foi sometida a diversos traballos dirixidos a restituír o seu esplendor. Entre os elementos que se recuperaron atópanse os seus relevantes motivos decorativos, recuperados no marco da intervención: azulexos vidrados con motivos florais e xeométricos que foron fabricados no seu día na Cerámica Celta de Pontecesures.

A peza está formada por dous corpos, un de 1,75 metros e o outro de 1,15 metros, o que dá unha altura total de case 3 metros.

Para esta importante actuación, o Concello e o pobo de Rianxo contaron coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

A restitución da figura encádrase no acordo asinado polo Concello coa familia Baltar (propietaria do pazo que preside Tanxil) para que un dos símbolos máis queridos pola veciñanza, a escultura da Virxe de Guadalupe do escultor galego Francisco Asorey, volva á súa localización orixinal na praia de Tanxil.

A escultura é unha figura de granito duns cinco metros de altura, obra do escultor Francisco Asorey, colocada nun espigón sobre o dique de Baltar na praia de Tanxil en 1932.

En 2005, os herdeiros Baltar decidiron retirar a imaxe de Asorey ante o risco que corría polos continuos derrubes que se rexistraban na contorna. Logo da retirada da virxe de Asorey, as veciñas e veciños de Rianxo financiaron a colocación doutra imaxe, obra de Bert Gerresheim, nun muro na praia de Quenxo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.