Abanca renova o seu apoio ás redeiras artesás galegas cun novo convenio de colaboración

03 Setembro 2026

Abanca e a Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao” veñen de asinar un novo acordo de colaboración co obxectivo de traballar en conxunto polo futuro deste oficio de longa e importante tradición e así dar impulso ao sector a través de diferentes formas de crédito.

O texto foi asinado esta mañá en Santiago de Compostela polo director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e a presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’, María Jesús González. A firma serviu tamén como punto de encontro entre ambas partes e para conversar sobre a situación actual do sector e os retos novos aos que se enfronta, entre os que destaca o relevo xeracional.

Ambas entidades conversaron sobre os puntos de colaboración que, de cara ao futuro, permitirán manter esta actividade tan necesaria no ámbito da economía circular, a cultura e a historia do oficio. Entre os puntos destacados da colaboración destaca o asesoramento especializado para as redeiras e un catálogo de produtos financeiros con condicións vantaxosas para axudar a preservar o futuro a longo prazo da actividade artesanal. O crédito constitúe o punto principal da colaboración, xa que facilitará ás redeiras manter a viabilidade dos seus proxectos actuais e a posta en marcha dos novos.

Outro dos aspectos relevantes deste acordo é o plan “ABANCA Emprendedores e Profesionais”, unha solución pensada para complementar a xubilación das persoas autónomas. Este plan de pensións de emprego simplificado (PPES) pon á disposición das redeiras unha opción adicional para asegurar o seu benestar futuro, permitindo un maior aforro para a xubilación e ofrecendo máis vantaxes fiscais que os plans individuais.

As asociadas terán acceso tamén ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais, e poderán gozar de fórmulas de financiamento oficiais incluidas nos convenios que a entidade mantén con diversos organismos públicos.

ABANCA mantén unha forte aposta polo sector do mar en Galicia a través da súa unidade de negocio ABANCA Mar, que desde 2016, ademais de ofrecer o asesoramento con persoal especializado, conta tamén cun catálogo de produtos e servizos deseñados para satisfacer as necesidades do sector e proporcionar solucións a problemas específicos. A entidade financeira mantén diferentes convenios de colaboración con distintos organismos vinculados ao mar, que van desde organizacións de armadores e confrarías ata produtores e vendedores de Galicia.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.