O mago Román García leva a Abanqueiro (este sábado) a súa “Fábrica de Imposibles”

03 Setembro 2026

Abanqueiro (Boiro) vai acoller este sábado 5 de setembro o espectáculo familiar Fábrica de Imposibles, unha sesión de ilusionismo de Román García para nenos e maiores. Será a partir das 20.00 horas e encádrase na axenda cultural da Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello.

Fábrica de Imposibles é o novo espectáculo de maxia do ilusionista Román García, deseñado para marabillar e sorprender a todos os públicos. Neste show, cada número está elaborado para transportar aos espectadores a un mundo onde o que non se pode crer faise realidade, desafiando as leis da lóxica e a física, gozando dunha experiencia visualmente impactante.

A comedia de situación, a participación do público e a maxia son engrenaxes esenciais deste espectáculo, no que o público poderá divertirse e asombrarse a partes iguais.

Román García (A Coruña, 1977) é un recoñecido e galardoado ilusionista galego que destaca polo seu estilo innovador que combina maxia, ciencia, comedia e drama. Fai maxia de preto (micromaxia) e de escenario con propostas moi orixinais e desenfadadas.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.