Xoves 3, consolidase o tempo seco e caloroso cunha suba xeral das temperaturas

02 Setembro 2026
  • O anticiclón achega aire cálido do sur, deixando ceos despexados tras as néboas matinais no interior e no litoral norte.
  • Agárdanse máximas máis altas en toda a comunidade e vento moderado entre Bares e Fisterra.

Este xoves 3, San Gregorio Magno, un anticiclón sobre a comunidade deixará unha xornada de marcada estabilidade atmosférica e un incremento xeneralizado dos termómetros, que será especialmente evidente nos valores máximos durante as horas centrais do día, chegando ós 33 graos.

A xornada comezará con bancos de néboa matinais en comarcas do interior e na franxa costeira do norte, que irán desfacéndose a medida que avance a mañá para dar paso a ceos practicamente despexados. Co paso das horas, a nubosidade de tipo alto farase visible polo terzo norte da comunidade durante a tarde, sen impedir o paso do sol nin frear o ascenso térmico.

Xa cara ao final do día, a previsión apunta á posible entrada de brétemas costeiras en diversos puntos do litoral atlántico. No referente ao réxime de ventos, soprarán de compoñente norte-nordés de carácter frouxo no interior, aínda que manterán intervalos de intensidade moderada no tramo marítimo comprendido entre Estaca de Bares e Fisterra.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.