Os concellos de Ribeira, O Son e Outes súmanse as mobilizacións por Ceuta da FEMP

01 Setembro 2026

Varios concellos da comarca do Barbanza e da contorna de Muros-Noia adheríronse ás mobilizacións conxuntas a prol de Ceuta que se celebran este 2 de setembro en múltiples concellos de Galicia e da xeografía estatal, convocadas pola FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).

En Ribeira as concentracións serán este mércores 2 na praza do Concello e nelas tamén participará o Concello lindeiro do Porto do Son. No chamado Día de Ceuta mostrarán o seu apoio e solidariedade ante “a situación que atravesa a Cidade Autónoma de Ceuta”.

Ademais de Ribeira e O Porto do Son, tamén participará Outes, cuxo Concello sumouse este días á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias para mostrar o apoio á cidade de Ceuta ante a situación actual. A mobilización de Outes será ás 20.00 horas na praza do Concello.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.