A Pobra achega visitas aos establecementos comerciais e hostaleiros para axudalos en materia de seguridade

12 Xuño 2020

Co obxectivo de optimizar o regreso á actividade do comercio e a hostalería local, axudando a garantir unha contorna empresarial o máis segura posíbel, o Concello de Pobra pon a disposición das empresas do termo municipal o proxecto #EstablecementosSeguros, un servizo de asesoría sobre medidas de seguridade derivadas da COVID-19. A iniciativa incluirá, entre outras cousas, visitas de asesoramento especializado aos locais para tratar cuestións relacionadas coa pandemia e cos recursos máis eficaces para garantir ambientes seguros.

En termos máis concretos, o servizo está encamiñado á asistencia personalizada, ao subministro de tódolos elementos da cartelaría e da sinalización precisas, ao asesoramento e resolución de dúbidas e á posta á disposición dos bares e restaurantes de cartas en formato dixital que substitúan as tradicionais.

Como requirimento básico para botar man do servizo, pídeselles ás empresas ou profesionais demandantes que estean legalmente constituídos/as e preste servizo no Concello da Pobra. Para solicitar o asesoramento, cómpre cubrir o formulario que se achega dende o Goberno local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.