“Non se entende cal é o papel de España na crise de Ceuta. Racismo, ou?” – Antón Luaces

29 Agosto 2026

Cando comezou a guerra de Ucraína, España recibiu en acollida a máis de 200.000 ucraínos de tódalas idades, maioritariamente nenos e mulleres, nunha acción recoñecida coma exemplar dentro e fóra do Estado español.

Desde o 30 de xullo pasado, dos máis de 70.000 migrantes irregulares marroquís e subsaharianos chegados á cidade autónoma de Ceuta quedan alí uns 5.000 que, a veces,  son tratados coma cans por parte dos habitantes dunha cidade española senlleira e histórica que, polas veleidades políticas que a todos nos afectan dun ou doutro xeito, non só non os quere vagamundando polas rúas, praias e montes, senón que se manifestan en contra das organizacións humanitarias que tentan axudarlles no marco das súas sempre escasas dispoñibilidades. 

En Ceuta houbo berros contra esas axudas e os que as prestaban esta mesma semana. Por que?. Xoga un papel distinto a cor da pel, a relixión que profesan? Hai racismo nas decisións ou é a política a que impón normas máis aló das propias conviccións? É a eficacia do non aos migrantes?

Todos sabemos que existen persoas  que corren cara ó perigo cando tódolos demais tentan fuxir ou agocharse. Son as que chegan con alimentos cando xa non queda nada que comer, as que abren unha escola improvisada entre os cascallos, as que atopan un neno perdido, as que acompañan a unha nai que tivo que fuxir de casa co posto.

Son estas persoas que nunca aparecen nos titulares de prensa nen nas reportaxes de televisión, pero si nas listaxes de vítimas. E todo porque hoxe en día axudar converteuse nunha actividade cada vez máis perigosa.

Pero España reforzará de xeito permanente as fronteiras de Ceuta e Melilla con medidas “extraordinarias” coma o alongamento dos espigóns -un sistema de contención marítima madiante boias fondeadas- e outro de vixilancia aérea con drons, embarcacións lixeiras e dispositivos remotos de actuación subacuática. 

É canto en realidade se pode facer?. É Marrocos verdadeiramente responsable desa que algúns cualifican de invasión dun territorio que xa existía como parte de España cando aínda o actual Marrocos era un sultanato?. A Unión Europea é consciente de que Ceuta e Melilla son as súas fronteiras ao sur en ÁfrIca?. 

A crise de Ceuta obriga a cavilar. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.