No Porto do Son os maiores poderán formarse en tecnoloxías este outono

28 Agosto 2026

O Concello do Porto do Son vai comezar o curso con formación tecnolóxica para a poboación sénior do termo municipal destinado a fomentar a súa autonomía e a súa capacitación dixital. En concreto, farao co Curso de dixitalización para persoas maiores, organizado xunto coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a Fundación Amigos de Galicia.

Desenvolverase baixo o epígrafe @s nos@s maiores, mellor acompañad@.

Na formación trataranse ferramentas como os caixeiros automáticos, os teléfonos móbiles, a aplicación móbil do SERGAS/chave365, a máquina de quendas e outros trámites a ter en conta na vida cotiá.

Celebrarase os días 28 de setembro e 1, 5 e 8 de outubro, en horario de 10:00 a 12:30 horas no Club de Xubilados de Porto do Son. As inscricións poden realizarse no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 867 414 de 10:00 a 12:00 horas.

As persoas interesadas poderán inscribirse do 1 ao 21 de setembro.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.