Evacúan en helicóptero o condutor dun coche tras unha saída de vía na avenida Compostela en Padrón

28 Agosto 2026

O home, único afectado no accidente ocorrido este venres ao mediodía, foi trasladado nunha aeronave medicalizada ao hospital de Santiago..

Unha persoa resultou ferida este venres en Padrón tras sufrir unha saída de vía co vehículo que conducía na avenida Compostela. O sinistro, no que non houbo máis vehículos implicados nin outros feridos, mobilizou un amplo operativo de emerxencias.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu o aviso sobre as 13:10 horas a través da Policía Local do municipio. De inmediato, pasouse o requirimento ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Os profesionais sanitarios atenderon ao condutor sobre o terreo e procederon á súa evacuación a bordo da aeronave ata o hospital de referencia para recibir asistencia médica especializada.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.